O conselleiro de Sanidade visita a Asociación Axuda ao Toxicómano Érguete
Vigo, 5 de xaneiro de 2017
  • whatsapp

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, realizou nestes días unha visita á sede Asociación Axuda ao Toxicómano Érguete, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves Castro, e polo subdirector xeral de Planificación e Programación Asistencial do Sergas, Alfonso Alonso Fachado.

Alí, mantiveron reunións técnicas tanto con persoal da Asociación como con persoal da Fundación Érguete-Integración. Nelas participaron, entre outros, a presidenta da Asociación, Carmen Avendaño; a súa directora, Elvira Rivas; a directora da Fundación, Ana Álvarez; a responsable de Itínere, María Rodríguez; e a responsable do Programa Sísifo, Adela Uriz.

Posteriormente, realizaron unha visita á unha das vivendas de apoio a persoas drogodependentes, onde puideron coñecer de primeira man estas instalacións.
 

Imaxes relacionadas
Departamento: C. de Sanidade
Data de actualización: 05/01/2017