A Xunta traslada ao concello de Ponteareas a súa plena colaboración para avanzar na aprobación do plan xeral

A directora xeral de Ordenación do Territorio mantivo esta mañá unha reunión co rexedor municipal para coñecer a situación actual deste proxecto de planeamento e cotexar os puntos pendentes

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2017
  • whatsapp

A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas Díaz, trasladou esta mañá ao alcalde de Ponteareas, Xosé Represas Giráldez, a colaboración da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio para avanzar na redacción e tramitación do plan xeral de ordenación municipal (Pxom) deste concello pontevedrés.

A reunión celebrada esta mañá serviu para analizar as cuestións sinaladas na orde de non aprobación remitida ao Concello de Ponteareas dende a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio, que deben ser emendadas e solucionadas para a aprobación do plan xeral. Entre os puntos tratados na reunión, destacou a análise das posibilidades de regularización do asentamento industrial de A Lomba.

A directora xeral destacou a colaboración, técnica e económica, que a Xunta establece cos concellos galegos para facilitar a redacción do instrumentos de planeamento urbanístico, co fin de garantir o desenvolvemento dos municipios.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 28/09/2017