Activo un incendio forestal no concello ourensán de Lobios, parroquia de Río Caldo, que afecta o Parque Natural do Xurés

Segundo as últimas estimacións, o lume rolda as 20 hectáreas de superficie

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2017
  • whatsapp

A Consellería do Medio Rural informa dun lume activo arestora rexistrado no concello ourensán de Lobios, parroquia de Río Caldo, que afecta o parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés.

O incendio comezou ás 20,07 h. de onte e, segundo as últimas etimacións, afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas. Para extinguir este lume mobilizáronse 6 axentes, 16 brigadas, 7 motobombas, 1 pa e 2 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento: C. do Medio Rural
Data de actualización: 03/10/2017