A Aira de Freás convértese nun punto de encontro máis accesible para os veciños do concello de Piñor

A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo supervisou os traballos realizados, que implicou un investimento de máis de 100.000 euros

As obras consistiron na limpeza e reposición da pavimentación de case 400 m2, co fin de homexinizar toda a contorna

Cómpre salientar que un terzo do investimento previsto polo Goberno galego en 2017 con cargo ao Plan Hurbe concéntrase na provincia de Ourense
 

Piñor (Ourense), 6 de outubro de 2017
  • whatsapp

A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, destacou esta mañá que a Aira de Freás será un novo punto de encontro más accesible e harmónico para os veciños do Concello de Piñor. A directora xeral supervisou os traballos executados, que contaron cun orzamento de máis de 100.000 euros, que puxeron en valor esta zona rural do concello.

Grazas a actuación realizada, renovouse e reparouse a pavimentación existente co pedra rústica, co fin de homoxenizar a contorna nunha superficie de case 400 m2. Os traballos tamén implicaron a limpeza e adecuación da zona.

Encarnación Rivas destacou as obras executáronse a cargo do Plan hUrbe, cuxa importancia reside na posta en valor do espazos das vilas galegas e que suporán unha mellora da calidade de vida dos veciños; xa que precisamente, “este é un dos obxectivos que persegue o Plan hUrbe no que se enmarca esta obra”. Tamén se da resposta á necesidade de fomentar a conservación e posta en valor do patrimonio cultural e histórico.

Un terzo do investimento do hUrbe concéntrase en Ourense

Cómpre salientar que un terzo do investimento que a Xunta de Galicia ten previsto para este ano a cargo do Plan hUrbe concéntrase na provincia de Ourense, isto é, arredor de 3 millóns de euros que están a servir para desenvolver un total de 17 actuacións.

No conxunto de Galicia, este Plan supuxo, desde a súa posta en marcha no ano 2010, un investimento total de 123 millóns de euros. Un esforzo inversor que se veu materializado en 158 actuacións en 115 concellos, incluídas as que se executarán no presente exercicio.

 

Data de actualización: 06/10/2017