A Xunta acompaña a miles de galegos da colectividade arxentina na celebración do “Bos Aires celebra Galicia”

O vicepresidente, Alfonso Rueda, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez- Miranda, participaron nos actos de celebración na Avenida de Maio bonaerense

Bos Aires (Arxentina), 7 de outubro de 2017
  • whatsapp

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiron hoxe aos actos da celebración do “Bos Aires Celebra Galicia”, que un ano máis congregou á miles de galegos da colectividade arxentina ao longo da Avenida de Maio bonaerense. Nos actos tamén participou o embaixador de España en Arxentina, Javier Sandomingo.

Previamente, Rueda e Rodríguez-Miranda asistiron á misa levada a cabo na catedral metropolitana de Bos Aires, coa que deron comezo os actos de celebración da colectividade galega en Arxentina

Ao longo da Xornada, miles de galegos congregáronse para celebrar os actos de conmemoración no que se fai un recoñecemento especial á comunidade galega asentada no país arxentino
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 07/10/2017