A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,45 h de hoxe

Desactivada a Situación 2 e controlado o incendio no concello de Lobios, parroquia de Río Caldo

Permanece controlado tamén o outro incendio rexistrado neste mesmo municipio ourensán e que rolda as 20 hectáreas

Controlados os dous incendios no municipio de Chandrexa de Queixa, parroquia de Queixa, que afectan 70 e 100 hectáreas, respectivamente

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2017
  • whatsapp

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,45 h. de hoxe.

Controlado Lobios


Quedou desactivada ás 18,21 h. a Situación 2 nun dos incendios do concello ourensán de Lobios, parroquia de Río Caldo, que quedou ademais controlado ás 19,40 h. Este lume iniciouse ás 14,10 horas e para traballar na súa extinción mobilizáronse 3 axentes, 9 brigadas, 6 motobombas, 1 pa, 6 helicópteros e 1 avión. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 20,4 hectáreas, das que 15,4 son de monte arborado e o resto de raso.

Controlado Lobios


Continúa controlado desde as 20,10 h. do pasado martes o lume rexistrado no concello ourensán de Lobios, parroquia de Río Caldo, e que afecta o parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. O incendio comezou ás 20,07 h. do luns e, segundo as últimas estimacións, acadou unha superficie de arredor de 20 hectáreas. No control deste lume levan traballado 18 axentes, 50 brigadas, 18 motobombas, 2 pas, 8 helicópteros e 2 avións.

Controlados Chandrexa de Queixa


Está controlado desde as 15,47 h. o lume no concello de Chandrexa de Queixa, parroquia de Queixa, que segundo últimas estimacións afecta 70 hectáreas. Iniciouse ás 22,45 horas de onte e na súa extinción levan traballado 5 axentes, 8 brigadas, 2 motobombas e 2 pas.

Permanece tamén controlado desde as 13,20 h. o incendio que se iniciaba ás 03,51 h. desta madrugada neste mesmo municipio ourensán e en idéntica parroquia. Segundo estimacións, afecta unha superficie de 100 hectáreas. No lugar foron mobilizados 1 técnico, 3 axentes, 5 brigadas, 1 motobomba, 2 pas, 5 helicópteros e 1 avión.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 06/10/2017