A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,00 h de hoxe

Continúa activo o lume no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Chaguazoso, que segundo as últimas

Segue controlado o incendio rexistrado en Lobios, parroquia de Río Caldo, que afecta unhas 20 hectáreas

Permanecen controlados os dous lumes no municipio de Chandrexa de Queixa, parroquia de Queixa, que afectan 70 e 100 hectáreas, respectivamente
 

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2017
  • whatsapp

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,00 h. de hoxe.

Activo Vilariño de Conso

Segue activo o incendio declarado no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Chaguazoso, que segundo as últimas estimacións afecta unhas 50 hectáreas. Iniciouse ás 22,35 h. de onte e para a súa extinción mobilizáronse 3 axentes, 19 brigadas, 2 pas, 6 helicópteros e 1 avión.

Controlado Lobios

Continúa controlado desde as 20,10 h. do pasado martes o lume rexistrado no concello ourensán de Lobios, parroquia de Río Caldo, e que afecta o parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. O incendio comezou ás 20,07 h. do luns e, segundo as últimas estimacións, acadou unha superficie de arredor de 20 hectáreas. No control deste lume levan traballado 20 axentes, 63 brigadas, 22 motobombas, 3 pas, 9 helicópteros e 2 avións.

Controlados Chandrexa de Queixa

Permanece controlado desde as 15,47 h. de onte o lume no concello de Chandrexa de Queixa, parroquia de Queixa, que segundo as últimas estimacións afecta 70 hectáreas, das cales 60 son de monte raso e as 10 restantes de arborado. Empezou ás 22,45 horas do xoves e na súa extinción levan traballado 7 axentes, 17 brigadas, 6 motobombas, 2 pas, 6 helicópteros y 1 avión.

Segue tamén controlado desde as 13,20 h. de onte o incendio que se iniciaba ás 03,51 h. neste mesmo municipio ourensán e en idéntica parroquia. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 100 hectáreas, todas elas de monte raso. No lugar foron mobilizados 1 técnico, 3 axentes, 5 brigadas, 1 motobomba, 2 pas, 5 helicópteros e 1 avión.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 07/10/2017