A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,30 h de hoxe

Seguen activos dous dos tres lumes que afectan a parroquia de Río Caldo, no concello de Lobios, cunha superficie de 300 e 90 hectáreas, respectivamente, e permanece controlado o outro incendio neste mesmo municipio e parroquia, que afecta unhas 51 hectáreas

Están activos un lume en Vilar de Barrio, parroquia de Rebordechau, que afecta arredor de 50 hectáreas, e outro en Chandrexa de Queixa-Queixa, que supera as 20 hectáreas

Quedou extinguido o incendio de Vilariño de Conso (Chaguazoso), que afectou 65 hectáreas
 

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2017
  • whatsapp

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,30 h. de hoxe.

Activo Lobios3

Continúa activo o incendio que comezou o domingo pola noite no concello de Lobios, parroquia de Río Caldo, e que afecta, segundo estimacións provisionais, unha superficie de arredor de 300 hectáreas dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. No lugar levan traballado 14 axentes, 22 brigadas, 14 motobombas, 4 avións e 6 helicópteros. Tamén participan efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Activo Lobios2

Permanece tamén activo desde as 23,41 h. do domingo outro lume no concello de Lobios, na mesma parroquia de Río Caldo. Segundo as últimas estimacións, afecta unhas 90 hectáreas, tamén dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Os medios que levan traballado alí son 11 axentes, 41 brigadas, 18 motobombas, 3 pas, 5 helicópteros e 2 avións.

Controlado Lobios1

Continúa controlado desde as 20,10 h. do martes 3 de outubro o outro lume rexistrado no concello ourensán de Lobios, parroquia de Río Caldo, e que afecta o Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. Este incendio comezou ás 20,07 h. do luns 2 de outubro e, segundo as últimas estimacións, acadou unha superficie de arredor de 51 hectáreas. No control deste lume levan traballado 22 axentes, 74 brigadas, 25 motobombas, 3 pas, 9 helicópteros e 2 avións.

Activo Vilar de Barrio

Desde as 19,43 h. de onte está activo un lume no concello ourensán de Vilar de Barrio, parroquia de Rebordechau, que segundo estimacións afecta unha superficie de arredor de 50 hectáreas. No seu control levan traballado 6 axentes, 8 brigadas, 5 motobombas e 1 pa.
 

Activo Chandrexa de Queixa

Está tamén activo un incendio no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Queixa, que segundo as últimas estimacións supera as 20 hectáreas. Na zona levan traballado 3 axentes, 6 brigadas, 4 motobombas e 1 pa.

Extinguido Vilariño de Conso

Quedou extinguido ás 20,30 h. de onte o incendio de Vilariño de Conso, parroquia de Chaguazoso, que se iniciaba o pasado venres ás 22,35 h. Segundo as últimas estimacións afectou 65,12 hectáreas de monte raso. Para a súa extinción mobilizáronse 11 axentes, 38 brigadas, 5 motobombas, 2 pas, 6 helicópteros e 1 avión.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 

Departamento: C. do Medio Rural
Data de actualización: 11/10/2017