A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h de hoxe

Continúan activos, pero evolucionan favorablemente, dous dos tres lumes que afectan a parroquia de Río Caldo, no concello de Lobios, cunha superficie de 650 e 90 hectáreas, respectivamente, e permanece controlado o outro incendio neste mesmo municipio e parroquia, que afecta unhas 51 hectáreas

Segue activo o incendio de Vilar de Barrio, parroquia de Rebordechau, que afecta arredor de 80 hectáreas

Esta tarde declarouse outro lume no municipio de Vilariño de Conso, parroquia de Chaguazoso, que supera as 20 hectáreas

Na provincia de Lugo está activo un incendio en Folgoso do Courel, parroquia de Meiraos, que segundo estimacións afecta unhas 100 hectáreas

Quedou estabilizado o lume de Chandrexa de Queixa-Queixa, cunhas 40 hectáreas
 

  • whatsapp

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2017.- A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe.

Activo Lobios3

Continúa activo, pero evoluciona favorablemente, o incendio que comezou o domingo pola noite no concello de Lobios, parroquia de Río Caldo, e que afecta, segundo estimacións provisionais, unha superficie de arredor de 650 hectáreas dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. No lugar levan traballado 16 axentes, 29 brigadas, 16 motobombas, 4 avións e 7 helicópteros. Tamén participan efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Activo Lobios2

Tamén permanece activo, e a súa evolución é favorable, o lume iniciado o pasado domingo ás 23,41 h. no concello de Lobios, na mesma parroquia de Río Caldo. Segundo as últimas estimacións, afecta unhas 90 hectáreas, tamén dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Os medios que levan traballado alí son 11 axentes, 42 brigadas, 18 motobombas, 3 pas, 5 helicópteros e 2 avións.

Controlado Lobios1

Segue controlado desde as 20,10 h. do martes 3 de outubro o outro lume rexistrado no concello ourensán de Lobios, parroquia de Río Caldo, e que afecta o Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. Este incendio comezou ás 20,07 h. do luns 2 de outubro e, segundo as últimas estimacións, acadou unha superficie de arredor de 51 hectáreas. No control deste lume levan traballado 22 axentes, 75 brigadas, 25 motobombas, 3 pas, 9 helicópteros e 2 avións.

Activo Vilar de Barrio

Permanece activo desde as 19,43 h. de onte un lume no concello ourensán de Vilar de Barrio, parroquia de Rebordechau, que segundo estimacións afecta unha superficie de arredor de 80 hectáreas. No seu control levan traballado 9 axentes, 16 brigadas, 8 motobombas, 1 pa, 8 helicópteros e 2 avións.

Activo Vilariño de Conso

Ás 16,59 h. desta tarde rexistrouse un incendio no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Chaguazoso, que continúa activo e que afecta, segundo estimacións provisionais, máis de 20 hectáreas. Na súa extinción traballan 3 axentes, 9 brigadas, 2 motobombas e 3 helicópteros.

Activo Folgoso do Courel

Desde as 7,27 horas desta mañá está activo un incendio no municipio lugués de Folgoso do Courel, parroquia de Meiraos, que segundo estimacións provisionais afecta unhas 100 hectáreas. Para controlar este lume mobilizáronse 1 técnico, 2 axentes, 18 brigadas, 6 motobombas, 3 pas, 7 helicópteros e 2 avións.

Estabilizado Chandrexa de Queixa

Desde as 14,45 h. está estabilizado o incendio no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Queixa, que segundo as últimas estimacións afecta unhas 40 hectáreas. Na zona levan traballado 4 axentes, 9 brigadas, 5 motobombas, 1 pa e 2 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 

Departamento: C. do Medio Rural
Data de actualización: 11/10/2017