A Xunta mantén o seu compromiso de colaboración coa Asociación Ferrolana de Drogodependencia para desenvolver programas asistenciales e de prevención de adiccións

O delegado territorial na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe as instalacións de Asfedro, onde coñeceu os seus servizos que presta e os programas que desenvolve

A presidenta, Olga Basterrechea, explicou as liñas de actuación, avanzou as previsións de actividade e falou das necesidades para os vindeiros meses
 

A Coruña, 15 de febreiro de 2017
  • whatsapp

O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá as instalacións da Asociación Ferrolana de Drogodependencia, Asfedro, onde coñeceu de primeira man os servizos e programas que desenvolve esta entidade. A presidenta de Asfedro, Olga Basterrechea, trasladou ao delegado as principais liñas de actuación desenvoltas pola entidade nos últimos tempos, así como a previsión de actividades para os próximos meses e as necesidades da asociación.

A entidade, fundada hai máis de tres décadas, traballa na prevención e tratamento das drogodependencias a través de dúas unidades: unha asistencial na que se fai a valoración social, médica e psicolóxica e unha unidade terapéutica. Asfedro ven desenvolvendo programas de intervención de asistencia sanitaria especializada e de atención, desde un enfoque biopsicosocial, a persoas con trastornos aditivos relacionados con dependencias, atendendo á planificación e criterios, guías e procedementos establecidos polo Servizo Galego de Saúde.

Este centro de desintoxicación estende a súa área de influencia aos concellos de Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Fene, Ferrol, Mañón, Miño, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, As Pontes de García Rodriguez, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño e Vilarmaior. A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade, ven colaborando coa entidade dende ou ano 1990, os primeiros anos mediante convenios e a partir do ano 2013 mediante subvencións.

As actividades de Asfedro coas que colabora a Xunta de Galicia son, tanto programas preventivos como de asistencia. Entre os primeiros atópanse o programa de prevención do consumo de drogas no ámbito educativo; o de prevención universal para país, nais e titores, como axentes de saúde; o de prevención universal para a mocidade, promovendo a adopción de estilos saudables de vida; o de prevención selectiva que responde ás necesidades detectadas en relación cos patróns de consumo de drogas recollidos polo Observatorio de Galicia sobre Drogas; o de prevención indicada para a implicación dás familias dos adolescentes en situación de risco; o de prevención do consumo de alcol e outras drogas na condución de vehículos; o de formación de mediadores sociais en prevención; e o programa de consumo responsable de fármacos. Todos este programas teñen carácter bianual.

En canto aos programas asistenciais, a Xunta mantén un convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a asociación para o desenvolvemento do apoio a pacientes con trastornos aditivos. Asfedro ten funcionando unha Unidade Asistencial de Drogodependencias, una Unidade de Día e a Comunidade Terapéutica O Confurco.

No ano 2015, á espera de pechar o balance do ano pasado, Asfedro atendeu a 1.163 pacientes, dos que 813 recibiron tratamento mediante derivados de opiáceos (metadona). De todos os casos atendidos no devandito ano, 227 correspondían a novos adictos.

Ovidio Rodeiro subliñou a labor desenvolvida desde a asociación na asistencia a drogodependentes e animou aos responsables da asociación a “non baixar a garda e manter o ánimo sempre alto”. “A loita contra as dependencias é estratéxico para construír entre todos a sociedade que os pais queremos para os nosos fillos”, sinalou o delegado territorial. “Nesta batalla a Xunta vai poñer todo os os recursos posibles ao alcance das institucións que realmente traballan no día a día e directamente coas vítimas desta lacra social, e Asfedro é un claro exemplo de esforzo constante e eficaz”, rematou.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 15/02/2017