Rey Varela felicita a Josefa Álvarez, veciña de Cartelle, polo seu 111 aniversario

O conselleiro de Política Social desprazouse ao municipio da comarca de Terra de Celanova para celebrar a efeméride da “avoa de Ourense”

Cartelle (Ourense), 16 de febreiro de 2017
  • whatsapp

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, desprazouse á comarca de Terra de Celanova para felicitar no seu 111 aniversario a Josefa Álvarez, veciña de Cartelle que é a persoa de máis idade da provincia de Ourense e a segunda de Galicia. A celebración tivo lugar na residencia de maiores onde reside, en compañía dos seus familiares e coñecidos.

Rey Varela subliñou a importancia de que as políticas sociais tamén se ocupen de contribuír a garantir unha boa calidade de vida aos maiores e aqueles servizos que necesiten, especialmente no caso de persoas en situación de dependencia. Neste sentido, o conselleiro manifestou o seu desexo de que esta “avoa de Ourense” reciba os coidados e o cariño que se merece despois “dunha vida dedicada a coidar dos seus”.

Por último, Rey Varela sinalou “o respecto e compromiso que lle teñen os galegos e galegas ás persoas maiores a cuxos esforzos e sacrificios debemos o benestar do que gozamos as xeracións de hoxe”.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 16/02/2017