Os centros educativos públicos ourensáns desenvolverán 101 iniciativas ao abeiro dos contratos-programa

O número de centros participantes mantense igual ca no curso anterior

  • whatsapp whatsapp

Ourense, 17 de febreiro de 2017.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, formalizou hoxe cunha sinatura simbólica os contratos-programa que desenvolverán 44 centros educativos públicos da provincia de Ourense, cun total de 101 iniciativas diferentes. No encontro cos equipos directivos destes centros, o titular do departamento de ensino da Xunta de Galicia quixo agradecerlles o seu esforzo e implicación na posta en marcha deste tipo de actuacións, que levan consigo un traballo previo de análise das fortalezas e eivas da situación de cada centro e o seu alumnado.

Neste sentido lembrou que a Consellería vai reforzar o papel docente coa contratación de 13 profesores de apoio, que se centrarán, fundamentalmente, no desenvolvemento da liña 1 da iniciativa, a relativa a reforzo, orientación e apoio, herdeira do antigo Plan PROA.

Román Rodríguez quixo facer fincapé tamén no logro que para o conxunto do sistema educativo galego supón o feito de que, a través de iniciativas como os contratos-programa, se teña reducido ata niveis históricos na Comunidade a taxa de abandono temperá, que foi en 2016 dunha media do 15,2%, o que supón unha forte baixada desta taxa desde o ano 2009, que foi dunha media do 25,8%, e 3,8 puntos menos que a media de España, que finalmente acadou o 19% no 2016.

No acto participaron tamén o o secretario xeral técnico da Consellería, Jesús Oitavén; a delegada da Xunta na provincia de Ourense, Mª Sol Díaz Mouteira; o director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; o director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal; e a xefa territorial da Consellería na provincia, María Luz Fernández Quintas, entre outras autoridades.

Máis de 100 iniciativas
Os 44 centros de ensino públicos da provincia que participan este ano desenvolverán un total de 101 iniciativas diferentes nas 6 liñas diferentes de actuación que compoñen a convocatoria: Acompañamento escolar fóra do horario lectivo, Mellora das competencias clave, Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros, Prevención do abandono temperán e do absentismo escolar, Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia e Mellora da calidade na xestión dos centros.

A liña de actuación número 1(antigo programa PROA) destínase ao reforzo, orientación e apoio do alumnado que presente dificultades de aprendizaxe, así como daquel con desvantaxe educativa polo contorno sociocultural. Un total de 35 centros docentes desenvolverán esta primeira liña, para o que contarán cun total de 12 docentes de apoio contratados a maiores pola Consellería para tal fin. A liña número 2, a referida á mellora das competencias clave, será desenvolvida por 38 centros.

No caso da terceira liña, que se centra na mellora da convivencia e na promoción da igualdade, contará coa participación de 13 centros; a liña 4, dirixida á prevención do abandono escolar temperán e do absentismo escolar, será desenvolvida por 1 centro.

Nas liñas 5 e 6, dirixidas á mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia e á mellora da calidade na xestión dos centros, participarán 9 e 5 centros educativos públicos, respectivamente.

Os centros participantes na provincia son os seguintes:
 

CENTRO
CONCELLO
1
2A
2B
2C
3
4
5
6

CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso

A Pobra de Trives

X
 
 
 
 
 
 
 

CEIP Manuel Respino

A Rúa

X
X
X
 
 
 
 
 

CEIP Padre Feijoo

Allariz

X
 
 
 
 
 
 
 

CEIP Xoaquín Lourenzo Xocas

Bande

X
 
 
 
X
 
 
X

CEIP Nosa Señora de Xuvencos

Boborás

X
 
 
 
 
 
 
 

CEIP Plurilingüe Curros Enríquez

Celanova

 
X
X
 
 
 
X
 

IES Celanova Celso Emilio Ferreiro

Celanova

 
X
X
 
X
 
X
 

CPI Antonio Faílde

Coles

X
 
 
 
 
 
 
 

CEIP Plurilingüe Otero Novas

Cortegada

 
 
 
 
X
 
 
 

CEIP Santa María A Real

Entrimo

X
X
X
 
 
 
 
 

CEIP do Xurés

Lobios

X
X
X
 
 
 
 
 

CPI Terras de Maside

Maside

X
X
X
 
 
X
 
 

CEIP Julio Gurriarán Canalejas

O Barco de Valdeorras

X
X
X
 
 
 
 
 

CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa

O Barco de Valdeorras

X
X
X
 
 
 
X
 

CEIP Ramón Otero Pedrayo

O Barco de Valdeorras

X
X
X
X
 
 
 
 

IES Lauro Olmo

O Barco de Valdeorras

X
 
 
 
 
 
X
 

CEIP do Bolo

O Bolo

X
 
 
 
 
 
 
 

IES Manuel Chamoso Lamas

O Carballiño

 
X
X
 
 
 
 
 

CEIP Virxe da Pena da Sela

O Irixo

X
 
 
 
 
 
 
 

CEIP A Ponte

Ourense

X
 
 
 
 
 
 
 

CEIP Inmaculada

Ourense

X
 
 
 
X
 
 
 

CEIP Manuel Luís Acuña

Ourense

X
 
 
 
 
 
 
 

CEIP Mariñamansa

Ourense

X
 
 
 
 
 
 
 

CEIP Plurilingüe Albino Núñez

Ourense

X
 
 
 
 
 
 
 

CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso

Ourense

X
 
 
 
X
 
 
 

CEIP Virxe de Covadonga

Ourense

X
 
 
 
X
 
 
 

CEIP Vistahermosa

Ourense

X
 
 
 
X
 
 
X

IES As Lagoas

Ourense

 
X
X
X
X
 
X
X

IES Universidade Laboral

Ourense

X
 
 
 
 
 
 
 

CEIP Ben-Cho-Shey

Pereiro de Aguiar

 
 
 
 
 
 
X
 

CPI Plurilingüe Tomás de Lemos

Ribadavia

X
 
 
 
 
 
 
X

CEIP Virxe do Camiño

Rubiá

X
 
 
 
 
 
X
 

CEIP Amaro Refojo

Verín

X
X
X
 
 
 
 
 

CEIP Princesa de España

Verín

 
 
 
 
X
 
 
 

IES Castro de Baronceli          

Verín

X
 
 
 
 
 
 
 

IES Xesús Taboada Chivite

Verín

X
 
 
 
 
 
 
 

CEIP Bibei

Viana do Bolo

X
X
X
X
X
 
X
 

IES Carlos Casares

Viana do Bolo

X
 
 
 
X
 
 
 

CEIP Xosé Manuel Folla Respino

Vilamartín de Valdeorras

 
X
X
 
 
 
 
 

CEIP de Vilariño de Conso

Vilariño de Conso

X
X
X
X
X
 
X
 

CEIP Carlos Casares

Xinzo de Limia

 
X
 
 
 
 
 
X

CEIP Rosalía de Castro

Xinzo de Limia

X
 
 
 
 
 
 
 

IES Cidade de Antioquía

Xinzo de Limia

X
 
 
 
 
 
 
 

CEIP Padre Crespo

Xunqueira de Ambía

X
X
X
X
X
 
 
 
44
44
35
17
16
5
13
1
9
5

* 1. PROA (Acompañamento escolar fóra do horario lectivo)
2a. Mellora das competencias clave. Competencia matemática
2b. Mellora das competencias clave. Competencia en comunicación lingüística
2c. Mellora das competencias clave. Competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
3. Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros
4. Prevención do abandono temperán e do absentismo escolar
5. Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia
6. Mellora da calidade na xestión dos centros


Os contratos-programas procuran unha mellora da calidade do ensino para reducir a porcentaxe de alumnado con baixo rendemento. Para iso, cada centro de ensino analiza as súas eivas e fortalezas e propón á Administración educativa a sinatura dun documento, ‘o contrato-programa’, no que se propoñen actuacións para a mellora do alumnado. Deste xeito, a actuación funciona como un exercicio de autonomía dos centros, posibilitando que deseñen os seus propios plans de mellora en base ás súas necesidades particulares.

Polo tanto, a iniciativa permite visibilizar e poñer en valor o esforzo e o investimento, tanto do centro como da Administración educativa, para o éxito escolar, facendo partícipe ao profesorado mediante o recoñecemento do seu labor.

 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 17/02/2017