Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 11.767 novas:

28/03/2024 | 16:16 | C. de Política Social e Xuventude

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria visita aos maiores e ao persoal da residencia de Ribadumia

Antón Acevedo explicou que o novo modelo de coidados mellorará a calidade asistencial nos centros

28/03/2024 | 14:45 | C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

A Filmoteca de Galicia pon en valor o seu arquivo coa proxección dos fondos dixitalizados ao abeiro do HUB audiovisual galego

A nova sección Materiais para unha historia do cinema en Galicia centrouse no primeiro trimestre nas recentes dixitalizacións, cun investimento de máis de 100.000 euros

28/03/2024 | 14:36 | C. de Política Social e Xuventude

A Xunta pon en valor o programa Primavera Xove como un dinamizador do tempo libre entre a mocidade

Ata 600 mozos con idades entre os 14 e os 30 poden participar nesta proposta que o Goberno galego desenvolve en seis instalacións xuvenís da comunidade durante os meses de marzo e abril

28/03/2024 | 13:24 | C. de Sanidade

A consellería de Sanidade e ADOS salientan a excelente resposta da cidadanía galega nas campañas de doazón de sangue do 2023

Melide, Meira, Xinzo de Limia e Salceda de Caselas son os concellos con maior índice de participación en cada unha das provincias galegas

28/03/2024 | 13:06 | Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta de Galicia impulsa 4 millóns de fondos europeos para os plans de sustentabilidade turística destinados á vila de Bouzas e á enogastronomía en Vigo

Dous millóns de euros para a posta en valor do casco histórico boucense, e outros dous para promover un plan gastronómico, no marco dos plans territoriais deseñados pola Xunta de Galicia de Vilas Termais e Cascos Históricos e de Enogastronomía

28/03/2024 | 12:13 | Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Xunta renova parte do parque móbil dos servizos de Patrimonio Natural e Recuperación de Fauna cun investimento de máis de 2,6 millóns de euros

O contrato permite dotar ao persoal de camionetas estilo pick-up, coches SUV 4x4, furgonetas e vehículos todoterreo para facilitar o seu labor nas zonas forestais ou de difícil acceso nas que adoita desenvolver a súa actividade

28/03/2024 | 11:46 | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

A Xunta de Galicia reforza a colaboración coas asociacións do traballo autónomo en materia de seguridade e saúde laboral

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade presentou na última Mesa do Emprego Autónomo as iniciativas específicas para o colectivo coas que quere reducir a sinistralidade na construción ou nos traballos forestais

28/03/2024 | 11:18 | C. do Medio Rural

Alumnos do CFEA de Lourizán visitan as Illas Cíes para poñer en práctica os coñecementos adquiridos no ciclo de Xestión forestal e do medio natural

Os estudantes levaron a cabo unha viaxe formativa de catro días para poñer en práctica a aprendizaxe adquirida dentro desta oferta educativa

28/03/2024 | 11:10 | C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

A Xunta recoñecerá a excelencia de 23 titulados de FP de grao superior cos premios extraordinarios

O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria destes galardóns, dirixidos aos estudantes que remataron o ciclo no ano 2023

28/03/2024 | 10:16 | Consellería de Economía, Industria e Innovación

O programa ReAcciona abre unha nova convocatoria ofrecendo ás pemes galegas servizos avanzados para mellorar a súa competitividade

A partir do 1 de abril, os interesados poden presentar as súas solicitudes para optar a servizos de alto valor engadido co apoio de expertos en ámbitos como o desenvolvemento estratéxico, a mellora da xestión financeira, a optimización dos procesos de produción ou a innovación