O Sergas publica as puntuacións provisionais do proceso de actualización de listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario de xestión e servizos

Xeráronse un total de 5791 inscricións, sumando as do anterior proceso e as de nova xeración

A categoría con maior número de solicitudes é a de persoal de servizos xerais, con 4.564 inscricións

O 17,39% foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso

Só resultan excluídas do proceso o 0,79% das solicitudes de participación
 

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2017
  • whatsapp

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, o anuncio polo que se dá publicidade á relación provisional de admitidos e excluídos e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal das categorías de calefactor, condutor, electricista, fontaneiro, mecánico e persoal de servizos xerais.

Xeráronse un total de 5.791 inscricións, sumando as do anterior proceso e as de nova xeración. A categoría con maior número de solicitudes é a de persoal de servizos xerais, con 4.564 inscricións. O 17,39% foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso. Só resultan excluídas do proceso o 0,79% das solicitudes de participación


A lista provisional de admitidos e excluídos, coa asignación aos primeiros da puntuación provisional e número de orde acadados atópase publicada na web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es). Ademais, os aspirantes poden consultar desde hoxe, no seu expediente electrónico persoal (Fides/expedient-e) a súa posición relativa e o número de orde nas listas xeradas, así como de ser o caso, as causas de rexeitamento dalgún dos méritos presentados, dotando de total transparencia ao proceso de selección.


Na mesma resolución ábrese un prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao día da publicación, para que as persoas interesadas poidan formular as alegacións que estimen oportunas con relación á súa inadmisión e aos resultados obtidos na baremación provisional, cuxa estimación ou desestimación, logo da súa análise e valoración, incluirase na resolución pola que se publiquen as listas definitivas, que determinará a data de entrada en vigor de tales listas.


Habilitouse un enderezo de correo electrónico no que os aspirantes poderán dirixir as súas dúbidas ou consultas: novopacto@sergas.es. Estas consultas non terán a consideración de reclamacións.

Data de actualización: 24/04/2017