A Xunta solicitará ao Ministerio de Facenda e Función Pública que as probas de habilitados nacionais se volvan facer na nosa comunidade

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda mantivo unha reunión co presidente e o vicepresidente do Colexio Provincial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local (COSITAL), de Pontevedra

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2017
  • whatsapp

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda mantivo unha reunión co presidente e o vicepresidente do Colexio Provincial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local (COSITAL), de Pontevedra, José Luis Mato, e José Carlos Castiñeira onde lle comunicou que o goberno galego solicitará ao Ministerio de Facenda e Función Pública que se volvan facer as probas de hablitados nacionais na nosa comunidade.

Segundo o tratado no seo da reunión, o obxectivo é descentralizar as probas selectivas para funcionarios con habilitación nacional, xa que en Galicia é cada vez máis elevado o número de prazas vacantes, xa que o número de xubilacións é maior que as novas incorporacións, e na actualidade hai 63 postos vacantes e 58 acumulacións, e coa descentralización lograríase una maior cobertura de prazas en Galicia.

Tamén se abordaron ouros asuntos como a modernización do sistema de nomeamentos para posibilitar canto antes a presentación telemática e a elaboración dunha bolsa de interinos que poida resolver no posible a problemática actual de cobertura de vacantes nos distintos postos reservados.

Os integrantes do Colexio Provincial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local (COSITAL), teñen entre as súas funcións o asesoramento legal preceptivo, o control e fiscalización interna da xestión económico-financeira e orzamentaria, a contabilidade, tesorería e recaudacións dos concellos e corporacións locais.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 08/07/2017