Xunta, Deputación ourensá e Expourense dan a coñecer que Brasil será a sede de Termatalia 2018

A delegada territorial, Marisol Díaz Mouteira, explicou que nesta nova edición constatarase como a feira de Turismo Termal máis importante a un lado e ao outro do océano Atlántico

O certame se desenvolverá a finais de setembro ou principios de outubro na localidade de Foz de Iguazú
 

Ourense, 24 de abril de 2017
  • whatsapp

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou hoxe na rolda de prensa na que se fixo pública que a localidade brasileña de Foz de Iguazú foi elexida sede para a próxima edición de Termatalia en Amércia Latina, cuxa celebración está prevista para 2018. Nesta cidade, cos seus principais recursos económicos estreitamente vinculados ao auga, emprázanse as famosas cataratas de Iguazú e acolle a central hidroeléctica maís grande do mundo en xeración de enerxía, Itaipú Binacional.

O acto desenvolveuse no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense e contou tamén coa intervención do presidente da Deputación ourensá, José Manuel Baltar, e o director de Expourense, Alejandro Rubín.

Díaz Mouteira indicou que Termatalia dende a súa creación, en 1997, ata a actualidade este certame ten evolucionado e ampliado as súas propostas ata converterse na Feria Comercial Internacional de Turismo de Saúde de España. “Esta distinción recoñece a importancia e a transcendencia internacional que representa este evento e demostra a súa importancia como ponte de conexión entre a tradición termal europea e o potencial termal de Iberoamérica”, afirmou a delegada territorial, engadindo que Termatalia se converteu nun auténtico referente internacional do Turismo de Saúde.

Coas edicións anteriores celebradas en Perú, Arxentina e México “Termatalia constátase como a feira de Turismo Termal máis importante a un lado e ao outro do océano Atlántico”, sinalou Díaz Mouteira.

A máxima representante da Xunta en Ourense desexou que a futura edición desta feira en Brasil se converta nunha oportunidade máis de invitar ao resto do mundo a coñecer Galicia e todos os seus atractivos termais, destacando que a nosa comunidade é unha das rexións xeotérmicas máis importantes de Europa e ofrece experiencias turísticas singulares a través do termalismo.

Durante a presentación de Termatalia Brasil 2018 proxectouse un vídeo no que axentes públicos e privados de Foz de Iguazú manifestaban a súa satisfacción por ter sido elexido a súa localidade sede desta feira de termalismo que se desenvolverá a finais de setembro, principios de outubro e que suporá novas oportunidades para as empresas de España e Galicia, así como do resto de países participantes.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 24/04/2017