Actualidade
Buscador de novas dos últimos 6 meses
Ten dispoñibles para consulta 4.575 novas:
26/07/16 | 14:57  | C. de Infraestruturas e Vivenda

Ethel Vázquez salienta que a Xunta rematará no vindeiro mes de setembro a construción da nova ponte sobre o río Miño, nos Peares

Vázquez Mourelle subliña que esta infraestrutura, cun investimento de 2,7 millóns de euros, contribuirá a reforzar os vínculos que xa existen entre estes catro concellos e suporá unha mellora da calidade de vida dos veciños

Destaca que o feito de que a día de hoxe as marxes xa estean unidas é un fito importante, xa que se completan as comunicacións pola dereita, con Carballedo e A Peroxa e a estación de ferrocarril; e pola esquerda, Pantón, Nogueira de Ramuín e a N-120

Indica que esta actuación reportará un maior dinamismo económico a toda esta zona xa que as mellores comunicacións supoñen un estímulo para o turismo

Fai fincapé en que a nova infraestrutura é integramente galega, desde o deseño ata a empresa construtora
 

Na actualidade só restan traballos de recheo da estrutura, estender o pavimento de formigón, colocar os lastros (adoquíns) e a iluminación led na ponte

Esta nova ponte evitaralles aos veciños un percorrido de máis de 5 km por estradas sinuosas, xa que na actualidade cruzan dunha marxe do río á outra a través da presa dos Peares, a 2,5 KM dos principais núcleos de poboación

Estas actuacións están a ter un especial coidado coa paisaxe, protexendo un espazo de valores paisaxísticos excepcionais, por iso a ponte ten un deseño que encaixa co contorno e unha estética que minimiza o seu impacto visual
 

Busqueda avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear