Actualidade
Buscador de novas
Ten dispoñibles para consulta 3.647 novas:
27/03/17 | 14:49  | C. de Infraestruturas e Vivenda

Ethel Vázquez avanza que a Xunta comezará a finais deste verán unha nova senda entre a travesía de Praia América e o paseo ata Baiona, na estrada PO-325, cun investimento duns 390.000 euros

Vázquez Mourelle indica que o Diario Oficial de Galicia publica hoxe a licitación desta senda para peóns e ciclistas, que estará separada da estrada por unha banda vexetal e a beiravía, para o que se ampliará a calzada pola marxe dereita

Sinala que tamén se mellorará o firme e se renovará a beirarrúa da marxe esquerda nesta zona e aproveitaranse os traballos para substituír o alumeado, no lado esquerdo; e instalar a canalización para futuros servizos

Informa das melloras introducidas no proxecto da senda entre Gondomar e A Ramallosa, na estrada PO-340, un proxecto ambicioso que contempla 3,5 km de itinerario peonil e ciclista que suporá un investimento de 1,5 millóns de euros

Para garantir a funcionalidade da nova senda, melloraranse as interseccións coa rúa Vilariño, coa estrada a Golada, e en dirección a Donas, nas que se facilitarán os cambios de sentido en condicións de maior seguridade

A conselleira pon en valor estes dous proxectos que facilitarán os percorridos, a pé e en bici, dos veciños e turistas que se achegan a Nigrán e a Gondomar; e incidirán nunha mobilidade sustentable e no reforzo da seguridade viaria

Estas actuacións están enmarcadas no Plan de sendas na comarca de Vigo, no que a Xunta contempla un investimento de 4,3 millóns de euros para a construción de case 13 quilómetros de itinerarios seguros e sustentables

Busqueda avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear