Actualidade
Buscador de novas
Ten dispoñibles para consulta 3.959 novas:
28/04/17 | 13:04  | C. de Infraestruturas e Vivenda

Ethel Vázquez avanza que o treito de senda peonil e ciclista entre Soutullo e Major, na estrada PO-308, cun investimento de preto dun millón de euros, estará finalizado antes do verán de 2018

Vázquez Mourelle explica que o deseño desta senda contempla como protagonistas o peón e o ciclista, e como obxectivos primordiais, incrementar a súa seguridade e calmar o tráfico nesta área tan concorrida

O novo tramo desenvólvese pola esquerda, do lado do mar, cun itinerario para peóns e ciclistas, desde a glorieta en Soutullo ata o areal de Major; e pola dereita, unha senda peonil desde Soutullo ata pasar o circuíto de karts

Tamén se acondicionarán 121 prazas de aparcadoiro, 4 para persoas con mobilidade reducida, coa fin de evitar que os vehículos invadan beiravías para aparcar, e ademais melloraranse as dúas interseccións existentes

A conselleira indica que as obras do primeiro treito, entre A Lanzada e Soutullo, ao longo de 2,7 km e cun investimento de 3,3 millóns, están executadas nun 60%, polo que rematarán en prazo, no verán, tal e como se tiña previsto

Sinala que o proxecto do tramo entre Major e Portonovo está en fase de redacción, prevéndose iniciar a contratación das obras este mesmo ano para dar continuidade á senda, polo lado do mar, ata a entrada de Portonovo

Destaca que a actuación, no seu conxunto, beneficiará a veciños e visitantes, xa que permitirá converter unha estrada para vehículos nunha infraestrutura na que tamén peóns e ciclistas poidan circular con comodidade e seguridade

Busqueda avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear