Actualidade
Buscador de novas dos últimos 6 meses
Ten dispoñibles para consulta 57 novas da área temática Facenda :
24/01/17 | 12:30  | A Presidencia da Xunta

Feijóo expresa vontade negociadora para designar o experto que represente Galicia no debate dun novo modelo de financiamento e para elaborar unha Lei de impulso demográfico

 “Estamos abertos ao diálogo e aos acordos con todos os grupos desta Cámara”, di

No eido do financiamento, avanza que o conselleiro de Facenda se poñerá en contacto nos vindeiros días cos grupos parlamentarios para establecer un diálogo acerca do nome do experto máis adecuado para acometer esta tarefa

Sobre o reto demográfico, asegura que segue en pé a proposta de que as forzas políticas se integren no Observatorio Galego de Dinamización Demográfica

Garante o compromiso de que sempre que se produza unha xuntanza desta Conferencia, o presidente da Xunta compareza na Cámara para informar do seu alcance e contido

Afirma que cando se celebre unha reunión do comité de seguimento para avaliar o estado dos acordos, o vicepresidente comparecerá no Parlamento para manter informados os grupos dos avances que se vaian rexistrando

En relación ao acordo referido á violencia de xénero, propón “elevar unha postura única e conxunta de todos os grupos á xuntanza da Comisión Xeral de Comunidades do Senado e que se acordou convocar tras a Conferencia de Presidentes”

Incide en que o Goberno galego manterá unha actitude vixiante e esixente para que os acordos acadados se cumpran; e unha vontade negociadora co Goberno central, co resto das comunidades e cos grupos da Cámara para buscar o mellor para Galicia e para os galegos

Busqueda avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear