Actualidade
Buscador de novas
A Xunta de Galicia impulsa 4 millóns de fondos europeos para os plans de sustentabilidade turística destinados á vila de Bouzas e á enogastronomía en Vigo
Dous millóns de euros para a posta en valor do casco histórico boucense, e outros dous para promover un plan gastronómico, no marco dos plans territoriais deseñados pola Xunta de Galicia de Vilas Termais e Cascos Históricos e de Enogastronomía
A Xunta implementa novas funcionalidades nas súas apps turísticas para facilitar o seu uso e planificación da viaxe
Xa se poden empregar actualizadas de cara a Semana Santa con melloras na súa xeocalización e coa incorporación de realidade aumentada nas que carecían dela
O turismo galego afianza a súa desestacionalización cun incremento de viaxeiros do 3% en febreiro
Coincidindo co mes do Entroido, hoteis e pensións aumentaron o número de viaxeiros e melloraron a rendibilidade, segundo o Instituto Nacional de Estatística
A Xunta e o Clúster de Turismo visibilizan as novas alternativas de emprendemento neste sector para xerar oportunidades de negocio innovadoras
O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou hoxe na xornada Innovación emprendedora no sector turístico organizada polo Polo de Melide en colaboración co Clúster
A Oficina de Turismo da Xunta en Vigo supera os datos anteriores á pandemia e recibe máis de 57.000 consultas en 2023
A delegada territorial, Ana Ortiz, visitou este mércores o punto de información turística do Goberno galego na rúa Cánovas del Castillo
A Xunta lanza unha nova convocatoria de 14 bolsas de formación nas oficinas de información turística
O Diario Oficial de Galicia publica as bases desta edición para a que Turismo de Galicia destina un total de 90.000 euros para a realización de prácticas durante seis meses
A Unión Europea de Ciclismo recoñece o traballo da Xunta a prol deste deporte e do cicloturismo
O xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas, recolle o recoñecemento no transcurso da inauguración do congreso internacional que se celebra desde hoxe en Santiago
A Xunta promove esta fin de semana Galicia como destino sostible e de calidade na feira B-Travel
Turismo de Galicia conta cun expositor propio no certame turístico de referencia de Cataluña que se celebra en Barcelona desde hoxe e ata o domingo
A Xunta incrementa o apoio ás festas de interese turístico de Galicia cun investimento de 500.000 €
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova convocatoria que amplía o apoio que recibirá cada concello beneficiario ata un máximo de 4.000 euros