...

Xunta de Galicia

Actividades do Rexistro

Actividades propias do Rexistro

Constitúen actividades propias dos rexistros:

  1. A recepción de solicitudes, escritos e comunicacións presentadas polos/as cidadáns/ás, así como dos documentos que os acompañen dirixidos ás administracións públicas.
  2. A expedición de recibos de presentación de solicitudes, escritos e comunicacións.
  3. A anotación de asentos de entrada e saída das solicitudes, escritos e comunicacións.
  4. A remisión de solicitudes, escritos e comunicacións aos órganos, servizos ou unidades destinatarias.
  5. A emisión de certificacións das solicitudes, escritos e comunicacións que se presentasen.
  6. Calquera outra que se lle atribúa legal ou regulamentariamente.

Rexistro de entrada e saída

Segundo os artigos 14 e 15 do Decreto 191/2011, deberá practicarse asento de entrada respecto de toda solicitude, escrito ou comunicación que se reciba nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia dirixidas a un órgano das administracións públicas, salvo nos casos previstos máis adiante.

Non serán obxecto de rexistro:

  1. Os documentos que teñan carácter publicitario, comercial ou análogo, aínda que se especifique o seu destino.
  2. Os paquetes ou obxectos que se xunten ao documento de remisión destes.
  3. Os documentos que se incorporen como anexo a unha solicitude, a un escrito ou a unha comunicación, sen prexuízo do dereito de cada cidadán/á a que quede constancia da súa presentación.
  4. Os documentos ou escritos anónimos, salvo que se trate de denuncias ou outros supostos en que así se prevexa expresamente.
  5. Aquelas solicitudes, escritos e documentos que carezan absolutamente dos requisitos legalmente establecidos, sen prexuízo de que, no caso de presentación nunha oficina de rexistro, o/a empregado/a público/a que se encargue dela advirta ao cidadán ou cidadá das devanditas carencias e o/a asista indicándolle como emendalas.
  6. As comunicacións ou notas interiores entre órganos, servizos e unidades, servidas pola mesma oficina de rexistro da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou das súas entidades públicas instrumentais.

Serán rexistrados de saída os escritos ou comunicacións oficiais dirixidos a outros órganos das administracións públicas e aos particulares.