Xunta de Galicia

Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda 2015-2020

O Plan rehaVIta nace co obxectivo principal de facilitar o acceso á vivenda ás persoas que máis o necesitan e previr a exclusión residencial, ao tempo que reforza o impulso á rehabilitación de vivendas como medio para conservar o parque de vivendas existentes, protexer a paisaxe e dinamizar o sector da construción.

  • Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda 2015-2020

O Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda 2015-2020 define as liñas estratéxicas das políticas públicas nesta materia, o que vai supoñer, para o período 2015-2020, a mobilización de máis de  600 millóns de euros, cunha previsión de beneficiar a máis de 152.000 galegos/as. Desta cantidade total, 307 millóns de euros corresponden a investimentos directos da Administración Pública, e outros tantos a investimentos inducidos de carácter privado.

Trátase do primeiro plan de vivenda que elabora integramente a Xunta de Galicia e nace co obxectivo principal de facilitar o acceso á vivenda ás persoas que máis o necesitan e previr a exclusión residencial. Así, dos preto de 307 millóns previstos para investir nos próximos seis anos, máis do 50% está destinado a estes eixes de actuación. Así mesmo, o Goberno galego reforzará o impulso á rehabilitación de vivendas como medio para conservar o parque de vivendas existentes, protexer apaisaxe e dinamizar o sector da construción.

Para definir este plan de vivenda tivéronse en conta os criterios de estrutura territorial definidos nas Directrices de ordenación do territorio, os indicadores de demanda de vivenda (como as proxeccións demográficas ou o rexistro de demandantes de vivenda como indicador específico) e os impactos previstos das actuacións en materia de vivenda na súa vertente social (como piar do Estado de benestar e fonte de cohesión social), de impacto na paisaxe e de impacto no emprego das propias actividades económicas no sector da vivenda.

Este Plan de vivenda de Galicia 2015-2020 articúlase arredor de catro eixes:

Eixe 1. Acceso á vivenda
Eixe 2. Rehabilitación de vivendas e renovación urbana
Eixe 3. Prevención da exclusión residencial
Eixe 4. Outras medidas en materia de vivenda

Data de actualización: 12/2/2015

  • whatsapp