Xunta de Galicia

VII Plan estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2017-2020

O VII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes é o instrumento marco para reducir as brechas de xénero existentes nos distintos ámbitos, e avanzar na consecución da igualdade efectiva de mulleres e homes.

O VII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2017-2020 recolle un total de 253 medidas, distribuídas en tres grandes capítulos:

  1. Un primeiro capítulo, que baixo o título de Integración do principio de igualdade nas políticas e accións do Goberno, reúne un total de 12 prioridades de actuación que representan o compromiso da Administración autonómica por consolidar e fortalecer as accións xa emprendidas para mellorar a gobernanza en prol da igualdade de xénero.
  2. Un segundo capítulo, integrado por un total de cinco áreas estratéxicas para a igualdade que se definiron e deseñaron como ámbitos de actuación estratéxica para seguir traballando en favor da eliminación das desigualdades entre mulleres e homes no horizonte 2020. Estas áreas son:
    • Área estratéxica 1: Igualdade na educación e nos valores
    • Área estratéxica 2: Igualdade na xestión dos traballos e dos tempos
    • Área estratéxica 3: Igualdade no emprego e innovación
    • Área estratéxica 4: Igualdade na participación e no liderado
    • Área estratéxica 5: Igualdade na calidade de vida e benestar
  3. E un terceiro capítulo, que contén os obxectivos e medidas deseñados para a prevención e tratamento da violencia de xénero, articulados en dúas áreas estratéxicas:
    • Área estratéxica 1: Sensibilización e prevención
    • Area estratéxica 2: Intervención e integración
  • whatsapp