Xunta de Galicia

Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia 2016

O obxectivo xeral do Pladiga é reducir ao mínimo posible os danos ecolóxicos, económicos e sociais producidos polos lumes forestais na Comunidade Autónoma de Galicia, dentro dos recursos dispoñibles.

O Pladiga 2016 (Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia) ten por obxecto o establecemento da organización e o procedemento de actuación dos recursos e servizos cuxa titularidade corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia, daqueles que poidan ser asignados a este pola Administración Xeral do Estado, así como dos que puidesen ser facilitados por outras entidades públicas ou privadas para facer fronte aos incendios forestais dentro do territorio
galego. Tamén, o de permitir, no seu caso, unha coordinación e actuación conxunta dos servizos e administracións implicadas na loita contra o lume, co fin de desenvolver na súa totalidade a fase de actuacións das situación 0 e 1 (referidas a aqueles lumes forestais con IGP0 ou IGP1, clasificados así polas dimensións ou as características da masa forestal afectada, e aquelas propias asignadas para a situación 2 no Peifoga).

Son funcións básicas do plan:

    Prever a estrutura organizativa e os procedementos para a prevención, detección, extinción e investigación de incendios forestais segundo as épocas de perigo.
    Establecer con carácter xeral as épocas de perigo, relacionadas co risco de incendios forestais, en función das previsións xerais e dos diferentes parámetros locais que definen o risco.
    Reducir ao máximo posible, tendo en consideración os recursos dispoñibles, as consecuencias ecolóxicas, económicas e sociais producidas polos incendios forestais.
    Establecer os obxectivos e as actuacións a desenvolver no ano 2014 para facer fronte aos incendios forestais.

A elaboración do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (PladigaA) obedece ao disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia modificada pola Lei 7/2012, do 28 de xuño, de Montes de Galicia, á Lei 2/1985, do 21 de xaneiro, sobre Protección Civil, á Lei 5/2007, do 7 de maio, de Emerxencias de Galicia, ao Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga) e ao Plan Especial de Protección Civil ante Emerxencias por Incendios Forestais na Comunidade Autónoma de Galicia.

Data de actualización: 2/6/2016

  • whatsapp