Xunta de Galicia

Accidente de traballo e enfermidade profesional

OUTROS PROCEDEMENTOS  

Accidente de traballo e enfermidade profesional

Que é un accidente laboral?

Considérase accidente laboral toda lesión corporal que o traballador ou traballadora sufra con ocasión ou por consecuencia do traballo. Tamén teñen a consideración de accidentes de traballo os relacionados no artigo 115 do Real Decreto Lexislativo 1/1994, de 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social.

Talón de solicitude de asistencia

  • Mutua Gallega: a persoa accidentada solicitará o talón ao departamento de persoal para presentalo no centro asistencial. Consultar a lista de centros.
  • Outras mutualidades: deberán dirixirse aos centros establecidos no cadro médico que lle corresponda segundo a súa mutualidade co talón/ tarxeta.

 De non coñecer a mutualidade á que está asociado/a, poderá informarse no órgano de persoal correspondente.

Asistencia médica

A persoa accidentada é atendida no centro asistencial. Unha vez que reciba asistencia médica, obterá un parte que indicará se procede a baixa médica ou non.

  • Parte de asistencia sanitaria sen baixa: a persoa accidentada deberá incorporarse ao traballo o día seguinte.
  • Parte médico con baixa: a persoa accidentada deberá entregar o parte no servizo de persoal. Cando sexa dada de alta deberá entregar o parte médico de alta no servizo de persoal e incorporarse ao traballo.