CONSELLERÍA DE SANIDADE
Biografía do conselleiro

Biografía do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña

  • whatsapp
...
Jesús Vázquez Almuiña, conselleiro de Sanidade

Naceu en Baiona en 1962. Licenciado en Medicina e Cirurxía Xeral pola Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria e experto universitario en Admisión e Documentación Clínica pola Universidade Complutense de Madrid. Máster en Dereito Sanitario pola Universidade da Coruña.

Foi alcalde de Baiona desde 2004 e deputado provincial en Pontevedra desde 2003. Foi director provincial do Sergas de Pontevedra; director-xerente do Hospital Meixoeiro; coordinador do servizo de Admisión, Documentación Clínica e Atención ao Paciente do Hospital Meixoeiro de Vigo; e médico do Servizo de Admisión do mesmo hospital. Con anterioridade, foi tamén coordinador dos servizos de arquivo e Documentación Clínica e Atención ao Paciente en Povisa; xefe do Servizo de Recepción e Xestión de Pacientes no mesmo centro e médico no servizo de Urxencias.

Exerceu como médico de Medicina Familiar e Comunitaria na Unidade Docente de Segovia.

Desde outubro de 2015 é conselleiro de Sanidade.