...

Xunta de Galicia

Sistema de avisos

 

Que é?


O sistema de avisos é un novo servizo do portal da Xunta que ten por obxectivo informalo das novidades que se xeran tanto no ámbito das alertas meteorolóxicas coma da publicación de axudas, bolsas e subvencións de calquera departamento do goberno galego. No futuro o noso propósito é ir incrementando o número de contidos que vostede poida recibir tanto por SMS coma por correo electrónico.

Como poido subscribirme?

O servizo é completamente gratuíto e bastará con que se dea de alta no servizo achegándonos o seu número de teléfono móbil ou a súa conta de correo electrónico. Pode, libremente, escoller senllos soportes ou só un deles. Para se daren de alta terá que realizar as seguintes operacións:

  • Escoller os tipos de contidos que desexa recibir: ben as alertas meteorolóxicas, ben as axudas, bolsas e subvencións ou ambos os dous contidos
  • Seleccionar como quere recibir a información: só por mensaxes curtas (SMS), só por correo electrónico ou en ambos soportes
  • Achegarmos, se escolleu a recepción de SMS o número do teléfono móbil no que desexa recibir os avisos e/ou a súa conta de correo electrónico se prefire recibilas neste medio
  • Finalmente deberá confirmar a súa subscrición mediante o inserimento dun código que lle enviaremos, por SMS ou correo electrónico.

Como cancelo unha subscrición ou modificar os datos?

En calquera momento vostede pódese dar de baixa no servizo ou modificar os datos con que se dou de alta (coma cambiar o número de móbil ou da conta de correo electrónico). Para facelo deberá acceder á páxina de cancelación dunha subscrición , no primeiro caso, ou á de consulta ou modificación , no segundo.

De que máis opcións dispoño?

En función do tipo de contido ao que se subscriba vai ter máis opcións de escolla: 

  • No caso das alertas vai poder escoller se quere recibir avisos das alertas laranxas, das alertas vermellas ou en caso de ambos os dous tipos.
  • No caso das axudas vai poder escoller, se así o desexa, a área temática que sexa do seu interese entre as seguintes:
    • Administración pública
    • Cultura, ocio e deporte
    • Ensino e formación
    • Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais
    • Ciencia e tecnoloxía
    • Economía, empresa e emprego
    • Medio ambiente
    • Territorio, vivenda e transporte
  • Lembrámoslle que, en ambos casos, poderase subscribir a unha opción, a varias ou a todas elas

Cando vou recibir os avisos?

Os avisos vainos recibir cando o servizo 112 notifique unha alerta meteorolóxica (laranxa ou vermella) se vostede está subscrito a este tipo de avisos ou cando se publique unha nova axuda, bolsa ou subvención (das áreas temáticas que vostede escolleu) se preferiu recibir este tipo de notificacións. Neste último caso é posible que reciba nun mesmo SMS ou correo electrónico a notificación de varias axudas se ese día foron publicadas máis de 5 axudas co obxectivo de que non se multiplique o número de SMS ou correos que lle enviemos

Que información me van enviar?

A información que vai ir nun SMS vai diferir da que vai nun correo electrónico e vai ser diferente se se trata da notificación dunha alerta ou da publicación dunha axuda.