VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Revista da Asesoría Xurídica (REXUGA)
  • whatsapp

O primeiro número da Revista da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia viu a luz o mes de xaneiro de 2003. O seu nome inicial, "Repertorio de Xurisprudencia e estudos Xurídicos de Galicia" determinou o acrónimo polo que, a pesar do seu cambio de nome posterior, se coñece á Revista: REXUGA.

Esta publicación, impulsada pola Asesoría Xurídica Xeral, segue fiel ao seu propósito orixinal, presentándose como foro aberto para a reflexión, investigación e divulgación de cuestións xurídicas, partindo sempre do coñecemento e o rigor técnico e do apoio e compromiso co Dereito da Escala de Letrados da Xunta.