Botafumeiro R.V.

Con esta aplicación de realidade aumentada e xunto a unhas gafas de realidade virtual, poderá visualizar unha recreación estereoscópica do botafumeiro dentro da contorna da Catedral de Santiago de Compostela.

A aplicación foi desenvolvida por CIS Galicia, centro tecnolóxico dependente da Axencia Galega da Innovación, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela.

Presentouse durante a edición de 2015 de Fitur, a Feira Internacional de Turismo de Madrid, que se celebrou do 28 de xaneiro ao 1 de febreiro.

Descarga
Android
iOS
Departamento: C. de Economía, Emprego e Industria