Bildtec Xunta

A través desta aplicación móbil as persoas xordas de Galicia poderán acceder aos servizos de atención telefónica da Xunta empregando Bildtec, un sistema de videointerpretación simultánea que lle facilita a este colectivo a comunicación en Lingua de Signos Española (LSE).

  • whatsapp
Descarga
Android

O horario do servizo de videointerpretación é de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas.

Os servizos da Xunta aos que pode chamar empregando esta aplicación móbil son:

  • Xunta de Galicia - Teléfono de Atención á Cidadanía 012
  • Servizo Galego de Saúde - Teléfono de urxencias sanitarias 061
  • Servizo Galego de Saúde - Teléfono de consultas sanitarias 902 400 116
  • Teléfono Saúde en liña 900 077 333
  • Teléfono de emerxencias da Axega 112
  • Teléfono de incendios forestais 085
  • Teléfono da Muller 900 400 273
  • Teléfono Social 900 333 666
  • Teléfono do voluntariado 900 400 800
  • Liña de axuda á infancia 116 111
  • Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal 065
Departamento: A Presidencia da Xunta