PassCOVID.gal

A app PassCOVID.gal é unha ferramenta da Xunta de Galicia para axudar a coidarnos da COVID-19.

Compartir
  • whatsapp

Calquera cidadán/cidadá pode acceder a PassCOVID.gal de xeito anónimo ou identificándose con Chave365.

A aplicación permitiralle recibir avisos, estar informado/a das restricións, as recomendacións, os servizos públicos e as novidades, recibir información de se estivo nun local onde se produciu un brote de contaxios, se é un contacto estreito o se foi diagnosticado/a de COVID-19. Neste caso, ademais, poderá coñecer o seu código de Radar COVID e colaborar coa Xunta de Galicia na xestión da pandemia informando dos seus contactos estreitos e dos establecementos onde estivo.

Entre outras funcionalidades, a aplicación permite: 

  • Recibir avisos importantes para a poboación, coñecer as novidades sobre o estado da pandemia e consultar as recomendacións actualizadas.
  • Acceder a utilidades dispoñibles como a ferramenta de auto-test, a plataforma de asistencia domiciliaria ou o formulario de rexistro de estancia de viaxeiros en Galicia.
  • Se ademais a persoa se identifica con Chave365 
    • recibirá información sobre se foi diagnosticada da COVID-19 ou identificada como contacto estreito
    • se foi diagnosticada, poderá engadir os seus contactos estreitos e compartilo co Servizo Galego de Saúde. Neste caso se tamén ten instalada a app Radar COVID poderá consultar o seu código persoal para introducilo nesa app.
    • recibirá avisos personalizados por calquera situación concreta que lle afecte en relación coa COVID-19
Descarga
Departamento: A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade