ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA
Como funciona Chave365
  • whatsapp

O funcionamento de Chave365 é sinxelo e intutivo.

Primeiro acceso

No formulario de alta é necesario incluír un número de teléfono móbil no que, ao completar a alta, recibirá unha mensaxe de texto cunha clave. A continuación deberá acceder á Carpeta do cidadán da sede electrónica da Xunta de Galicia e introducir o seu NIF e esa clave. Nese momento o sistema pediralle que xere unha nova clave persoal, que terá que lembrar para futuros accesos.

Uso na sede electrónica

Ao acceder á Carpeta do cidadán ou iniciar a presentación electrónica dun procedemento, a sede ofrécelle ao usuario a posibilidade de identificarse con certificado dixital/DNI electrónico, ou con Chave365. Se elixe esta última opción, ten que introducir o NIF e a clave de acceso persoal.

No momento de proceder á sinatura dixital dun documento con Chave365, recibirá no seu móbil unha mensaxe cun código de sinatura que poderá empregar unha soa vez nese procedemento.

Modificación da clave

A clave ten que modificarse no primeiro acceso ao sistema, e logo como mínimo unha vez ao ano. Para modificar a clave acceda á Carpeta do cidadán: na parte superior dereita atópase o botón “Cambiar contrasinal”. 

Imaxe do acceso á Carpeta do Cidadán

  1. Introduza o seu NIF (DNI ou NIE) e o contrasinal. Se é a primeira vez que accede, debe introducir o contrasinal que recibiu por SMS. Se ten certificado electrónico instalado no navegador, tamén pode empregalo para acceder.
    Imaxe da páxina de cambio de contrasinal
  2. Prema no botón “Cambiar contrasinal”.
  3. Introduza o contrasinal que recibiu por SMS (se é a primeira vez que accede) ou o seu contrasinal actual.
  4. Introduza un novo contrasinal. Debe ter como mínimo 6 díxitos, entre letras e números.
  5. Repita o novo contrasinal.
  6. Prema en “Gardar”: o seu contrasinal xa está modificado. A continuación peche o navegador e volva abrilo para seguir empregando a sede accedendo coa nova clave.