Desde aquí pode solicitar cita previa para algunha das oficinas de rexistro dos edificios administrativos da Xunta de Galicia que dispoñen do servizo, en calquera dos 7 rexistros principais (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago de Compostela e Ferrol) ou naqueles rexistros auxiliares da Xunta nos que se habilitase xa este sistema.
Se o prazo de presentación da documentación remata antes da data da súa cita previa, debendo xustificar esta circunstancia, poderá acudir directamente á oficina dalgún dos 7 rexistros principais, onde será debidamente atendido/a respectando a preferencia das persoas con cita previa. Isto non aplica nos rexistros auxiliares das diversas cidades.
Para ser atendido/a presencialmente nalgunha das dependencias das consellerías que habilitasen xa este sistema cando necesite achegarse para realizar trámites nelas debe acceder a esta outra páxina.
As citas previas da Axencia Tributaria de Galicia deben solicitarse en https://citaprevia.atriga.gal