Desde aquí pode solicitar cita previa para ser atendido/a presencialmente nalgunha das
dependencias das consellerías que habilitasen xa este sistema cando necesite achegarse para realizar trámites nelas.
Se necesita cita previa para algunha das
oficinas de rexistro dos edificios administrativos da Xunta de Galicia que dispoñen do servizo, en calquera dos 7 rexistros principais (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago de Compostela e Ferrol) ou naqueles rexistros auxiliares da Xunta nos que se habilitase xa este sistema debe acceder a
esta outra páxina. As
citas previas da Axencia Tributaria de Galicia deben solicitarse en
https://citaprevia.atriga.gal