CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Biografía da conselleira

Biografía da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez Mejuto

Compartir
  • whatsapp
Ángeles Vázquez Mejuto, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Naceu en Melide en 1972. Acadou a Licenciatura en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, coa especialidade en Xeografía Aplicada. Ademais é técnica en Información e cultura.

  • Foi alcaldesa de Melide desde o ano 2011 ata 2016, cargo que tamén ocupou entre os anos 2004 e 2007
  • No ámbito municipal, previamente ás súas responsabilidades como rexedora, foi concelleira de Cultura, Deportes e Medios de Comunicación
  • Tamén foi deputada provincial na Coruña entre 2007 e 2009 e, posteriormente, deputada no Congreso dos Deputados por esa mesma provincia
  • Na súa traxectoria profesional tamén ten experiencia xornalística, como directora da radio municipal melidense e como correspondente en medios de comunicación
  • Desde outubro de 2015 ata setembro de 2018 foi conselleira do Medio Rural.