Conformidade a estándares e accesibilidade desta web
  • whatsapp
...

Conformidade a estándares e accesibilidade desta web

Política de accesibilidade

A Xunta de Galicia procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexa independente dos dispositivos físicos e navegadores web empregados para tal fin e accesibles para navegadores adaptados a persoas con discapacidades ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

A política de accesibilidade aplicada pola Xunta de Galicia cínxese ás coas esixencias do Real decreto 1494/2007, do 12 de novembro, que aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social.

Alcance

O alcance desta declaración de conformidade de accesibilidade é o de todas as páxinas publicadas baixo o dominio https://www.xunta.gal agás as páxinas do Diario Oficial de Galicia.

Cumprimento de estándares

As páxinas deste sitio web cumpren a marca AA segundo a Norma UNE 139803:2012 e as Directrices de Accesibilidade para a Contido Web 2.0 do (WCAG 2.0) pola Iniciativa de Accesibilidade Web (WAI) do World Wide Web Consortium (W3C). Todos os requisitos do Nivel A e do Nivel AA foron comprobados e corrixidos mediante unha análise semi-automática da accesibilidade a través de diferentes ferramentas.

Para a correcta visualización do portal gráfico é necesario poder executar Javascript.

Recoméndase utilizar as versións máis recentes de navegadores, tales como Mozilla Firefox, Chrome, Internet Explorer, Safari etc.

Data de última revisión

A última revisión sobre o nivel de accesibilidade deste portal foi realizada o 15/11/2017.

Uso das características de accesibilidade

O acceso ás características de accesibilidade varía entre os navegadores máis utilizados. Nesta sección descríbense os métodos concretos para sacar o maior partido ás facilidades que proporciona cada un deles

Teclas de acceso rápido

O acceso ás ligazóns que teñen unha tecla de acceso rápido definida realízase pulsando distintas combinacións de teclas segundo o navegador:

  • Microsoft Internet Explorer: pulse a combinación de teclas Alt tecla de acceso rápido e, a continuación, Retorno Enter.
  • Firefox: pulse a un tempo as teclas Shift (a empregada para escribir letras maiúsculas unha a unha) e Alt, e a a tecla de acceso rápido.
  • En Macintosh, a tecla Alt substitúese pola tecla Ctrl.

Neste portal web están dispoñibles as teclas de acceso rápidos:

  • 0: Portada
  • 1: Mapa do portal
  • 2: Accesibilidade
  • 3: Atendémolo/a

No caso de haber tabs as teclas son:

  • A: Primeira
  • B: Segunda
  • C:Terceira
  • E así sucesivamente.

As páxinas da web da Xunta de Galicia especifican o tamaño dos textos de forma relativa, é dicir, permiten que os navegadores aumenten ou diminúan o tamaño dos textos segundo as preferencias do usuario, e sen crear problemas de visualización.

Pode controlar o tamaño dos textos no seu navegador da seguinte maneira:

  • Microsoft Internet Explorer: a través do menú ”Ver” > ”Tamaño de texto”.
  • Firefox: a través do menú ”Ver” > ”Tamaño do texto” ou empregando a combinación de teclas Ctrl + ou Ctrl -;, segundo se queira aumentar ou diminuír o tamaño do texto, respectivamente. Pulsando Ctrl= restablece o texto ao tamaño normal.

Alto contraste

Establécese a posibilidade de consultar a web a través dun formato de alto contraste para que poida ser consultada con maior facilidade por persoas con algún tipo de deficiencia visual.

 

Lector de contidos

A maioría das páxinas deste portal teñen habilitado o servizo de audiocontidos, en ambos os dous idiomas, para a súa escoita, o que facilita o acceso a estes a calquera persoa usuaria que teña dificultades de lectura en pantalla.

Contacto

Co obxecto de mellorar de forma continuada a accesibilidade deste portal, a Xunta de Galicia convida a que a cidadanía notifique as dificultades coas que se puido atopar, ademais de calquera outra suxestión en relación á accesibilidade, a través de calquera das modalidades de presentación que ten dispoñibles o Sistema integrado de atención á cidadanía.