Xunta de Galicia
Xacobeo 2021

2007-1901: CONVENIO ENTRE A SOCIEDADE GALEGA DO MEDIO AMBIENTE S.A. E O GRUPO EDITORIAL COMPOSTELA, S.A

OBXECTO

Que Editorial Compostela incluirá, no ano 2008, publicidade corporativa da Sociedade Galega do Medio Ambiente nos distintos medios de comunicación do Grupo, de acordo coa seguinte programación: A) Inserción dunha páxina a cor na edición do Anuario, que se publicará no mes de xaneiro, na do Libro de Empresas, que sairá á luz en maio, e no especial da Carreira Popular Pedestre, que terá lugar o día 26 de outubro. B) Publicacións vinculadas a "El Correo Gallego", en base á inserción dunha páxina de publicidade a cor e información relativa a cada evento. C) Publicación dun faldón de 10 módulos en Galicia Hoxe en cada unha das datas correspondentes ós eventos relacionados no apartado anterior. D) Inserción de media páxina a cor en Tierras de Santiago, que se publica todos os martes, nas datas máis próximas aos días sinalados. E) Un programa en Radio Obradoiro para divulgar as actividades da Sociedade Galega de Medio Ambiente citadas. F) Publicidade en Correo TV, anunciando os 6 eventos do apartado B. G) Inserción dun anuncio corporativo na edición dixital de El Correo Gallego, que conta con máis de 2.750.000 páxinas visitadas ao mes.

TIPO

Convenio de Colaboración

DATA DA SINATURA

31/12/2007

VIXENTE

Non, Dende 31/12/2007 Ata 31/12/2008

ENTIDADES ASINANTES

CANTIDADE

GRUPO EDITORIAL COMPOSTELA S.A 0,00 €
SOCIEDADE GALEGA DO MEDIO AMBIENTE, S.A. (SOGAMA) 37.680,00 €