Xunta de Galicia
Xacobeo 2021

2017-0859: ACORDO DE COLABORACION ENTRE A FUNDACION CIDADE DA CULTURA DE GALICIA E ASOCIACIÓN DE JÓVENES EMPRESARIOS DE PONTEVEDRA, PARA A PROMOCION DE ACTIVIDADES CONXUNTAS

OBXECTO

Polo presente acordo, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e AJE PONTEVEDRA acordan establecer as bases de colaboración entre ambas institucións, para a programación de actividades conxuntas, formativas e de asesoramento que redunden nas empresas emprendedoras que actualmente se ubican no Centro de Emprendemento (CEM) dentro dos espazos Emprende Cultura Gaiás (espazo coworking) e Viveiro Gaiás. Entre as accións programadas, AJE PONTEVEDRA realizará dentro do Centro de Emprendemento xornadas de networking e formación para os seus afiliados e nas que tamén participarán os empresarios/empresas instaladas nos espazos “Emprendende Cultura Gaiás” (coworking) e o “Viveiro Gaiás”. Igualmente será obxecto deste convenio, o establecemento das bases de colaboración entre ambas institucións, na entrega dos premios Joven Empresario y Joven Emprendedor del año, que cada ano convoca AJE PONTEVEDRA. Optarán todas as candidaturas a 2 postos no espazo do Centro de Emprendemento (CEM) na Cidade da cultura, adecuados para a súa adaptación a actividade prevista durante un período de 1 ano sen costo, en renda e gastos de comunidade, salvo os gastos correntes/privativos que xere o propio negocio e as responsabilidades que da propia actividade se deriven.

TIPO

Acordo de colaboración

DATA DA SINATURA

03/10/2017

VIXENTE

Si, Dende 03/10/2017

ENTIDADES ASINANTES

CANTIDADE

FUNDACIÓN CIDADE DA CULTURA DE GALICIA 0,00 €
ASOCIACIÓN DE JÓVENES EMPRESARIOS DE PONTEVEDRA 0,00 €