Xunta de Galicia
Xacobeo 2021

2017-0965: CONVENIO DE COLABORACION ENTRE A FUNDACION CIDADE DA CULTURA DE GALICIA E A ACADEMIA GALEGA DO VIÑO S.L. PARA A REALIZACIÓN DE DIVERSA FORMACION NA CIDADE DA CULTURA DE GALICIA

OBXECTO

É obxecto do presente convenio, a colaboración entre ambas as dúas partes, para a promoción do emprendemento galego no ámbito da cultura, para o cal a Fundación cederá determinados espazos á Academia Galega do Viño para a realización de actividades tanto formativas como eventos de grande formato na Cidade da Cultura de Galicia, que congreguen un importante número de público e medios de comunicación. Para a realización destas actividades, a Fundación cederá temporalmente e a título oneroso ou gratuíto (segundo o disposto na cláusula seguinte), espazos adecuados para elo. As ditas actividades serán organizadas e realizadas pola Academia Galega do Viño, sen custe para a Fundación.

TIPO

Convenio de Colaboración

DATA DA SINATURA

10/07/2017

VIXENTE

Non, Dende 10/07/2017 Ata 09/07/2018

ENTIDADES ASINANTES

CANTIDADE

FUNDACIÓN CIDADE DA CULTURA DE GALICIA 0,00 €
ACADEMIA GALEGA DO VIÑO, S.L. 0,00 €