Xunta de Galicia
Xacobeo 2021

2017-1527: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE FACENDA, O INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) E A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA A EDICIÓN E PUBLICACIÓN DA “REVISTA GALEGA DE ECONOMÍA” NOS ANOS 2017 E 2018 E ORGANIZACIÓN DO CONGRESO “OS 50 ANOS DE ECONOMÍA DE GALICIA”

OBXECTO

O obxecto deste convenio é outorgar unha subvención de concesión directa segundo o disposto no artigo 19.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia á Universidade de Santiago de Compostela para desenvolver as actividades relacionadas coa edición e publicación dos volumes 26 e 27 da Revista Galega de Economía correspondentes aos anos 2017 e 2018 así coma para organizar e realizar un congreso en 2018 sobre os “50 anos de economía de Galicia”. O volume 26 da revista correspondente ao ano 2017 consta de dous números ordinarios (1 e 2) e dun número extraordinario como mínimo. O volume 27 da revista correspondente ao ano 2018 consta de dous números ordinarios (1 e 2) e, como mínimo, dun número extraordinario dedicado aos “50 anos de Economía de Galicia”. A revista editarase en lingua galega, sen prexuízo de que ocasionalmente se poidan publicar artigos noutras linguas.

TIPO

Convenio de Colaboración

DATA DA SINATURA

25/09/2017

VIXENTE

Non, Dende 25/09/2017 Ata 01/12/2018

ENTIDADES ASINANTES

CANTIDADE

CONSELLERÍA DE FACENDA 20.000,00 €
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) 20.000,00 €
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 0,00 €