Xunta de Galicia
Xacobeo 2021

2018-0463: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE E A FUNDACIÓN DE FEIRAS E EXPOSICIÓNS DE OURENSE (EXPOURENSE) PARA REGULAR O RÉXIME DE COORDINACIÓN DA PROGRAMACIÓN DAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS E FEIRAIS E AS ACTIVIDADES DE MANTEMENTO, CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DA PISTA DE ATLETISMO CUBERTA DO RECINTO FEIRAL E DEPORTIVO DE EXPOURENSE EN OURENSE

OBXECTO

O obxecto do presente convenio é establecer: 1. O réxime de coordinación do uso da pista de atletismo cuberta entre a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, e a Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense) para a programación por cada unha das Partes das súas respectivas actividades na pista, posibilitando a utilización das instalacións con destino a actividades deportivas e garantindo a compatibilidade deste uso deportivo co feiral da instalación. 2. A regulación da xestión e a realización das actividades de mantemento, limpeza, uso e conservación das instalacións, así como os gastos de funcionamento das mesmas, garantindo que se manteñan en perfecto estado para o desenvolvemento das actividades deportivas, competicións ou eventos deportivos.

TIPO

Convenio de Colaboración

DATA DA SINATURA

24/05/2018

VIXENTE

Non, Dende 25/05/2018 Ata 31/12/2018

ENTIDADES ASINANTES

CANTIDADE

SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE 135.000,00 €
FUNDACIÓN DE FEIRAS E EXPOSICIÓNS DE OURENSE (EXPOURENSE) 0,00 €