Xunta de Galicia
Xacobeo 2021

2018-0699: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA TURISMO DE GALICIA E O CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL PARA A REALIZACIÓN DE DETERMINADAS ACTUACIÓNS DE MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS TURÍSTICAS NESE CONCELLO

OBXECTO

É obxecto do presente convenio establecer as bases de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello para a realización de actuacións de mellora das infraestruturas turísticas, que teñan por finalidade o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural de cara á consolidación da oferta turística nas zonas rurais a través da posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística. En concreto, o presente convenio ten por obxecto a realización da/s seguinte/s actuación/s de mellora das infraestruturas turísticas: Proxecto de sinalización e mellora da accesibilidade aos recursos turísticos da Pobra do Caramiñal.

TIPO

Convenio de Colaboración

DATA DA SINATURA

24/09/2018

VIXENTE

Non, Dende 24/09/2018 Ata 31/12/2018

ENTIDADES ASINANTES

CANTIDADE

AXENCIA TURISMO DE GALICIA 45.000,00 €
CONCELLO DE A POBRA DO CARAMIÑAL 0,00 €