Xunta de Galicia
Xacobeo 2021

2018-0861: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DA XUNTA DE GALICIA E A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA PROMOVER E POTENCIAR O GALEGO A TRAVÉS DA REVISTA DORNA

OBXECTO

Este convenio ten por obxecto establecer as bases polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e a Universidade de Santiago de Compostela para ofrecer unha canle editorial aos autores e autoras noveis con arelas no cultivo lírico da lingua galega, contribuíndo á difusión da citada revista nos Centros de Estudos Galegos en universidades estranxeiras dependentes da Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria. As partes colaborarán na realización dun programa de actuacións para potenciar o fomento e a difusión do idioma galego a través da Revista Dorna. Expresión poética galega, que realiza esta universidade.

TIPO

Convenio de Colaboración

DATA DA SINATURA

07/05/2018

VIXENTE

Non, Dende 07/05/2018 Ata 30/11/2018

ENTIDADES ASINANTES

CANTIDADE

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA 2.000,00 €
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 0,00 €