Xunta de Galicia
Xacobeo 2021

2018-0862: Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Cooperativa Vitivinícola Arousana, S.C.G., sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional

OBXECTO

O obxecto do presente convenio é establecer a colaboración no eido da formación profesional entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Cooperativa Vitivinícola Arousana, S.C.G.. Esta colaboración levarase a cabo nos seguintes campos de actuación: a) Establecemento dun programa de formación en centros de traballo (FCT), para o alumnado que curse formación profesional inicial e o desenvolvemento do mesmo nas instalacións das adegas pertencentes á Cooperativa Vitivinícola Arousana, S.C.G.. b) Orientación na formación e actualización do profesorado dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. c) Obtención de titulacións de formación profesional e certificados de profesionalidade por parte dos traballadores e das traballadoras das adegas da Cooperativa Vitivinícola Arousana, S.C.G., dentro do Plan de recoñecemento da experiencia profesional que desenvolve a consellería. d) Impulsar un sistema de formación dual entendida como un conxunto de accións e iniciativas formativas, mixtas de emprego e formación, que teñen por obxecto a cualificación profesional do alumnado nun réxime de alternancia de actividade laboral nas empresas, que favoreza e complemente a adquisición das competencias profesionais do alumnado, coa actividade formativa recibida no centro educativo. e) Desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional nos centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. f) Colaboración específica cos centros da “Rede galega de Formación profesional de hostalaría” a través de distintas áreas que poidan contribuír a unha formación complementaria para o alumnado dos ciclos formativos de: · CM Servizos de restauración. Módulo “o viño e o seu servizo”. · CS Dirección de servizos de restauración. Módulo “sommelier”.

TIPO

Outros convenios

DATA DA SINATURA

10/05/2018

VIXENTE

Si, Dende 10/05/2018 Ata 09/05/2022

ENTIDADES ASINANTES

CANTIDADE

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA 0,00 €
Cooperativa Vitivinícola Arousana, S.C.G. 0,00 €