Xunta de Galicia
Xacobeo 2021

2019-0104: CONVENIO PARA A ASUNCIÓN POLA ADMINISTRACIÓN XERAL DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DA CONVOCATORIA E DESENVOLVEMENTO DOS PROCESOS SELECTIVOS UNITARIOS PARA O ACCESO Á CATEGORÍA DE POLICÍA LOCAL E ÁS PRAZAS DE AUXILIARES DE POLICÍA LOCAL ENTRE A VICEPRESIDENCIA E CONSELLERIA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA DA XUNTA DE GALICIA E O CONCELLO DE OLEIROS

OBXECTO

1. Este convenio ten por obxecto instrumentar a delegación polo Concello de Oleiros na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia das competencias relativas á convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos para o acceso á categoría de policía local e as prazas de auxiliares de policía local. 2. En virtude da devandita delegación, a Administración xeral da Comunidade Autónoma asume durante o período ao que se estende a vixencia deste convenio a convocatoria e desenvolvemento de todos os procesos selectivos para as prazas da categoría de policía local e as prazas de auxiliares de policía local, segundo as necesidades de persoal que lle sexan comunicadas polo concello na forma e prazos establecidos no presente convenio e demais normativa de aplicación.

TIPO

Outros convenios

DATA DA SINATURA

11/02/2019

VIXENTE

Si, Dende 11/02/2019 Ata 10/02/2023

ENTIDADES ASINANTES

CANTIDADE

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA (AGASP) 0,00 €
CONCELLO DE OLEIROS 0,00 €