Xunta de Galicia
Xacobeo 2021

2019-0107: CONVENIO PARA A ASUNCIÓN POLA ADMINISTRACIÓN XERAL DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DA CONVOCATORIA E DESENVOLVEMENTO DOS PROCESOS SELECTIVOS UNITARIOS PARA O ACCESO A CATEGORÍA DE AUXILIARES DOS CORPOS DE POLICÍA LOCAL ENTRE A VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA E O CONCELLO DE RIBADAVIA

OBXECTO

1. Este convenio ten por obxecto instrumentar a delegación polo Concello de Ribadavia na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia das competencias relativas á convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos para o acceso as prazas de auxiliares de policía local. 2. En virtude da devandita delegación, a Administración xeral da Comunidade Autónoma asume durante o período ao que se estende a vixencia deste convenio a convocatoria e desenvolvemento de todos os procesos selectivos para as prazas de auxiliares de policía local, segundo as necesidades de persoal que lle sexan comunicadas polo concello na forma e prazos establecidos no presente convenio e demais normativa de aplicación.

TIPO

Outros convenios

DATA DA SINATURA

27/03/2019

VIXENTE

Si, Dende 27/03/2019 Ata 26/03/2023

ENTIDADES ASINANTES

CANTIDADE

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA (AGASP) 0,00 €
CONCELLO DE PONTEDEUME 0,00 €