Xunta de Galicia
Xacobeo 2021

2019-0109: CONVENIO PARA A ASUNCIÓN POLA ADMINISTRACIÓN XERAL DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DA CONVOCATORIA E DESENVOLVEMENTO DOS PROCESOS SELECTIVOS UNITARIOS PARA O ACCESO ÁS DIFERENTES CATEGORÍAS DOS CORPOS DE POLICÍA LOCAL E ÁS PRAZAS DE AUXILIARES DE POLICÍA LOCAL ENTRE A VICEPRESIDENCIA E CONSELLERIA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA DA XUNTA DE GALICIA E O CONCELLO DE CARRAL

OBXECTO

1. Este convenio ten por obxecto instrumentar a delegación polo Concello de Carral na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia das competencias relativas á convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos para o acceso ás diferentes categorías do seu corpo de policía local e as prazas de auxiliares de policía local. 2. En virtude da devandita delegación, a Administración xeral da Comunidade Autónoma asume durante o período ao que se estende a vixencia deste convenio a convocatoria e desenvolvemento de todos os procesos selectivos para as prazas das diferentes categorías do seu corpo de Policía local e as prazas de auxiliares de policía local, segundo as necesidades de persoal que lle sexan comunicadas polo concello na forma e prazos establecidos no presente convenio e demais normativa de aplicación. 3. Para o ano 2018 a delegación realizada polo concello é aceptada pola Administración xeral da Comunidade Autónoma en relación cos procesos selectivos para o acceso mediante o sistema de quenda libre á categoría de policía e as prazas de auxiliares de policía local, de acordo coa previsión recollida na alínea a) da disposición adicional única do Decreto 115/2017, do 17 de novembro. No momento en que a previsión recollida na alínea b) da devandita disposición adicional única se desenvolva para as demais categorías e sistemas de acceso aos corpos de policía local, a delegación realizada polo concello, de ser o caso, con esas outras categorías e sistemas de acceso, é aceptada e producirá plenos efectos, sen precisar novo acordo plenario, debendo o concello comunicar, nos prazos establecidos no Decreto 115/2017, as novas prazas a convocar. Entrementres non se leve a cabo o referido desenvolvemento, o concello poderá convocar e desenvolver os procesos selectivos das categorías e sistemas de acceso aos que se refire o parágrafo anterior, coa obriga de reservar praza, dentro dos prazos establecidos, nos cursos selectivos de formación ou capacitación para as persoas que resulten aprobadas ou obteñan praza.

TIPO

Outros convenios

DATA DA SINATURA

20/08/2019

VIXENTE

Si, Dende 20/08/2019 Ata 19/08/2023
Vixencia orixinal: Dende 20/08/2019 Ata 19/08/2023

ENTIDADES ASINANTES

CANTIDADE

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA (AGASP) 0,00 €
CONCELLO DE CARRAL 0,00 €

HISTÓRICO DE MODIFICACIÓNS

TIPO

Outros convenios

DATA DA SINATURA

18/06/2020

VIXENTE

Non

ENTIDADES ASINANTES

CANTIDADE

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA (AGASP) 0,00 €
CONCELLO DE CARRAL 0,00 €