Xunta de Galicia
Xacobeo 2021

2019-0675: CONVENIO MARCO DE COLABORACIÓN EN MATERIA DE FORMACIÓN ENTRE A ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA E A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL, A TRAVÉS DA DIRECCIÓN XERAL DE DEFENSA DO MONTE

OBXECTO

O obxecto do presente convenio é acordar un marco de colaboración entre a AGASP e a CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL, para a formación continua do persoal de prevención e extinción de incendios forestais. Esta formación levarase a cabo mediante cursos e demais accións formativas sobre temas que sexan de interese profesional e que supoñan unha mellora da súa cualificación e eficacia no servizo, a través do mantemento ou potenciación da súa capacitación, así como mediante a participación en actividades de difusión das funcións, medios e procedementos. O contido da formación será obxecto dunha planificación a proposta da Dirección xeral de Defensa do Monte, consensuada e temporalizada para cada anualidade ou campaña por parte da Comisión de Seguimento prevista na cláusula oitava, en funcións das necesidades que se vaian observando, ou das que puideran xurdir de xeito continxente. As actividades formativas poderán incluír a actualización de coñecementos, capacidades e destrezas nas seguintes materias: - procedementos e seguridade en incendios forestais - primeiros auxilios - condución de vehículos todo terreo - condución e manexo de vehículos motobomba - comunicacións - ferramentas informáticas de xestión e codificación de incendios forestais - prevención de riscos laborais en materia de extinción de incendios forestais - calquera outra temática a maiores que puidera demandarse.

TIPO

Convenio Marco

DATA DA SINATURA

27/06/2019

VIXENTE

Si, Dende 27/06/2019 Ata 26/06/2023

ENTIDADES ASINANTES

CANTIDADE

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL 0,00 €
ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA (AGASP) 0,00 €