Axuda, Mapa, Accesibilidade e idiomas DOG

Validación de certificados

validar certificado

A sinatura electrónica é o conxunto de datos en forma electrónica, consignados xunto a outros ou asociados a eles, que poidan ser utilizados como medio de identificación da persoa asinante.

Esta guía explica o uso de documentos PDF que leven incorporada unha ou varias sinaturas electrónicas. Con ela, calquera usuario/a disporá dos coñecementos axeitados para poder interpretar ou validar unha sinatura electrónica incorporada en documentos PDF, facendo uso da propia tecnoloxía de Adobe.

Que requisitos se deben cumprir para que unha sinatura electrónica se poida considerar válida?

A sinatura electrónica dun documento considérase válida cando se cumpren estes dous requisitos:

  • Que se pode confirmar que os datos que figuran no documento asinado non sufriron ningunha alteración.
  • Que se pode comprobar que o documento fose asinado cun certificado válido no momento da sinatura, é dicir, que non estivese revogado.

No caso de que un documento fose asinado por dous certificados, a sinatura sería válida coa condición de que algún dos dous non estivese revogado no momento da sinatura.

Como se sabe se un certificado electrónico é válido?

Un certificado electrónico válido será aquel que fose expedido por unha autoridade certificadora recoñecida (acreditada pola entidade pública de certificación do país correspondente) e que ademais non estea revogado.

Pódense consultar as guías completas nas seguintes ligazóns:

  • Para ver a guía de configuración de Adobe pulse aquí.
  • Para ver a guía de validación de sinatura dixital pulse aquí.
  • Para ver o certificado raíz da FNMT pulse aquí.
  • Para ver o certificado raíz da AP ADMINISTRACIÓN PÚBLICA pulse aquí.
  • Para ver o certificado raíz da APE pulse aquí.